Cáritas recada fondos para axudar a familia da Estrada que perdeu a súa casa
Publicado o 18/10/2019 14:49
Continúan as mostras de solidariedade coa familia de Berres, no concello da Estrada, que perdeu a súa casa e o taller mecánico do que vivían nun incendio recente.
Esta mesma semana falámoslles dunha iniciativa dos veciños da parroquia, que porta a porta xuntaron uns 20.000 euros. Agora, grazas á mediación de Cáritas, pode axudar calquera que o desexe facendo a súa contribución ao número de conta bancaria ES50 2080 5031 2030 4004 0630. No concepto indicarase que é para axudar a familia Neira Iglesias, de Berres. Tamén se sabe que o dono doutro taller da zona que acaba de pechar lles ofrece usar as súas instalacións.