CRTVG

Buscar

Carballo concentra a metade dos contaxios da comarca de Bergantiños

Publicado o 30/04/2021 15:04

No bar ou na rúa, non pasa desapercibido que Carballo non consegue remontar esta cuarta vaga da pandemia despois dunha semana en que se contabilizaron máis de 30 novos casos de coronavirus.

Os cribados son unha das chaves para detectar asintomáticos, por iso, tras o realizado esta semana na localidade, os veciños piden que se amplíe a máis franxas de idade e sobre todo que os veciños acudan.

Hoxe son 49 os veciños de Carballo que gardan corentena tras dar positivo nunha proba PCR. Son catro casos máis ca onte, confirmando unha subida que preocupa especialmente ao sector da hostalería.

En toda a comarca de Bergantiños contabilízanse un cento de casos activos, e a metade localízanse en Carballo.