CRTVG

Buscar

Cualedro sobe a nivel máximo de restricións e Vigo ascende ao nivel medio

Publicado o 20/04/2021 21:09
Cualedro sobe a nivel máximo de restricións e Vigo ascende ao nivel medio

O comité clínico que asesora a Xunta de Galicia na xestión da pandemia acaba de acordar o establecemento do nivel máximo de restricións nos concellos do Grove, A Pobra do Caramiñal, Carballeda de Valdeorras e Cualedro.

Así mesmo, determinou o nivel alto de restricións nos concellos de Marín, Meaño, Ribadumia, Vilanova de Arousa, Padrenda, Cortegada, O Barco, Rubiá, Lobeira, Muíños, Petín, Meir, Ribeira e Cambre.

Ademais, as medidas do nivel medio rexerán nos concellos de Trabada, Barreiros, Lobios, Cartelle, Cambados, Catoira, Vilagarcía de Arousa, A Illa, Meis, Sanxenxo, Cangas, Gondomar, Ponteareas, Vigo, Boiro, Rianxo, Carral, Muxía, As Pontes de García Rodríguez e Ortigueira.

No resto de concellos galegos estarán vixentes as restricións fixadas no nivel medio baixo.

Todas estas medidas entrarán en vigor a medianoite do próximo venres, 23 de abril.