CRTVG

Buscar

A incidencia acumulada en Carballeda de Valdeorras é de 1.166 positivos por cada 100.000

Publicado o 25/04/2021 14:40

En Carballeda de valdeorras este domingo apenas se vía xente pola rúa. Neste concello de case 1600 veciños hai 15 positivos, e chegou a haber 23.

Entran agora na súa terceira semana de máximas restricións, cunha incidencia acumulada de 1.116 positivos por cada 100.000 habitantes.

Coa hostelería pechada e sen poder saír do concello, a fatiga pandémica tamén se deixa notar. Tamén entre estes tres veciños, todos maiores de 60 anos e xa coa primeira dose da vacina posta.

Estas semanas é cando está habendo unha maior incidencia neste concello, que librou bastante ben da primeira e segunda vaga.

Noticias web

25/04/2021