CRTVG

Buscar

Caravanas contra a lei Celáa percorren as rúas das principais cidades galegas

Publicado o 20/12/2020 14:22

A caravana contra a lei Celáa tamén percorreu as rúas máis céntricas das cidades galegas, esta era a imaxe na Coruña. Piden liberdade de elección de centro e a continuidade da educación especial para os pais que así a desexen.

Consideran que son os proxenitores os que son quen de tomar as mellores decisións para os seus fillos. Tamén queren decidir o idioma en que se instrúen ou a opción ética ou relixiosa. En Vigo fixeron un percorrido circular con base en Samil pasando por Gran Vía, Camelias ou Venezuela.

A liberdade de elección é a frase común de todos os que participaron nestas marchas en coche con lazos e globos laranxas e ao son das buguinas





 

Noticias web

20/12/2020