CRTVG

Buscar

Caravana de hostaleiros en Santiago para pedir compensacións

Publicado o 08/10/2020 13:45

Santiago acolleu este mediodía unha coincentración dos hosteleiros para reclamar medidas que compensen os danos que están a sufrir polas restricións derivadas da crise sanitaria.

Convocados pola Asociación de Bares, Pubs e Discotecas, organizaron unha caravana de vehículos que partiu de San Lázaro e rematou diante do edificio administrativo de San Caetano. Unha mobilización coa que pretendían facer pública a delicada situación que atravesan moitos negocios do sector, sobre todo os dedicados ao lecer nocturno, que permanecen pechados por mor da pandemia.

Noticias web

08/10/2020