Capturas discretas no inicio da campaña da nécora
Publicado o 02/07/2021 21:04
"Din que o polbo é un dos principais depredadores de nécoras. Non houbo polbo así que debería haber moita nécora"
Os mariñeiros confían nos refráns de vellos porén as primeiras impresións nesta apertura de campaña son diferentes
Aínda así a campaña acaba de comezar. Só saíron dous días ao mar e é pronto para aventurarse. A mellor noticia é que os primeiros exemplares polos que poxaron restauradores, viveiros e peixeiros acadaron prezos interesantes
O importante agora é que o tempo acompañe no mar. O balance chegaraá en xaneiro, no día de Reis, cando tradicionalmente pecha a campaña da nécora