CRTVG

Buscar

Capturado no Brasil o xefe da mafia calabresa Rocco Morabito

Publicado o 25/05/2021 08:53
Capturado no Brasil o xefe da mafia calabresa Rocco Morabito

As policías do Brasil e Italia capturaron o xefe da mafia calabresa Rocco Morabito nunha redada desenvolvida no estado da Paraíba, no nordeste do país. Xunto ao capo mafioso foi arrestado outro cidadán italiano que afronta tamén unha orde de extradición expedida pola xustiza italiana. Morabito fuxira en xuño de 2019 do cárcere uruguaio onde cumpría condena e era un dos tres delincuentes máis buscados por Italia.

Noticias web

25/05/2021