Cantero cre que co novo adestrador "os xogadores se enchufan máis"
Publicado o 19/02/2020 17:05
O Lugo ve a salvación algo máis preto despois de empatar co Elxe e gañar en Fuenlabrada.
Para o porteiro Ander Cantero, estes resultados son froito da chegada dun novo adestrador. Con el, di, os xogadores enchúfanse.
Esta fin de semana ten unha cita importantísima ante o Oviedo, os dous equipos están empatados a 29 puntos.