Cañizares é rotundo sobre a ausencia de Aspas na selección: "Paréceme unha tremenda inxustiza"
O excéltico engadiu: "Non creo que haxa futbolista en España que teña a personalidade, o gol, o liderado, as ganas, a complicidade e o seu compromiso"
O excéltico Santiago Cañizares valorou na súa canle de Youtube a convocatoria de Luís Enrique, que cualifica como "de autor" e deixa claro que lle agrada "en liñas xerais". Con todo, ponlle "unha péga": a ausencia de Iago Aspas. "Paréceme unha tremenda inxustiza", di o que foi porteiro do conxunto vigués nos anos 90.
A ollos de Cañizares, o futbolista do Celta é "o mellor dianteiro nacional", por diante de calquera outro nome que se lle poida mencionar, di. E arguméntao: "Non creo que haxa futbolista en España que teña a personalidade, o gol, o liderado, as ganas, a complicidade sempre cando xoga ao fútbol e o compromiso que ten Aspas". Se se suman todos eses factores, prosegue, "a nota media de Aspas está por encima dos demais".