Cangas, potencia olímpica con 10 medallas, tras facer pleno en Tokyo
Ten pouco máis de 26.000 habitantes pero nada menos que 10 medallas olímpicas. Cangas subiu ao podio en Tokyo e trouxo a Galicia os seus éxitos deportivos. Unha xesta que ten o pobo entregado. Os veciños din que o segredo pode estar nos aires mariños o na comida.
Os medallistas coñecen o segredo. Todo comezou con David Cal, despois Teresa Portela, Rodrigo Corrales, Iván Villar e Rodrigo Germade seguiron elevando o pavillón cangués.
Referentes que veñen potenciar o espírito deportivo. Ser de Cangas dá moitas papeletas para as olimpíadas. A sona de Cangas como potencia olímpica chega máis aló das fronteiras galegas. Segundo os veciños, o idilio de Cangas coas Olimpíadas non fixo más que empezar.
Cangas, con 10 medallas, promete seguir escribindo a historia do deporte olímpico en Galicia.