CRTVG

Buscar

Cangas, no nivel medio de restricións, con 47 novos casos en 14 días

Publicado o 25/04/2021 20:27

En Cangas son xa 47 os casos activos, nove deles detectados nos últimos sete días. Con esta situación, a incidencia acumulada a 14 días sobe 11 puntos, ata situarse nos 177 casos por cada cen mil habitantes.

Se continúa con esta tendencia ascendente, Cangas corre risco de aumentar o seu nivel de restricións. O concello está agora no nivel de restricións medio e pasaría ao alto. Isto suporía novas medidas en canto á limitación da ocupación na hostelería, que agora mesmo pode estar ao 75 % nas terrazas e 50 % no interior.

Se cambia o nivel a capacidade reduciríase ata o 30 % no interior e ao 50 nas terrazas. A ocupación máxima sería de 4 persoas por mesa.  


 

 

 

 

Noticias web

25/04/2021