Cangas celebra a medalla de prata de Teresa Portela
Publicado o 03/08/2021 14:39
Con 39 anos e nas súas sextas olimpíadas, Teresa Portela cumpriu o soño da súa vida: ser medallista olímpica. É o premio ao seu esforzo, á súa constancia e ao seu traballo silencioso.
Hoxe toda Galicia vibra con esa medalla de prata, pero fano dun xeito especial en Cangas, o seu concello natal, onde todo o mundo está emocionado e comparte a ledicia da deportista.