CRTVG

Buscar

Cangas sitúase ás portas dun aumento das restricións pola suba de positivos

Publicado o 11/05/2021 15:03

Teñen hoxe os mesmos casos que cando os pecharon en outubro e daquela tardaron dous meses en dobregar a curva. Por iso hai tanto medo a que ás portas do verán a situación se volva repetir.

"Ao final do ano pasado fomos un dos concellos que máis estivemos co peche perimetral, entón o medo ao peche outra vez é total e grande porque a perda económica que está tendo neste momento o noso sector é moi elevada, a verdade que é preocupante", comenta ​Victoria Portas, alcaldesa do concello de Cangas.

"O gromo foi en dúas empresas, unha conserveira e outra dixo a xente que de conxelados, non sei exactamente o número de infectados que eran pero claro entre iso e os familiares aumentaron moito os casos aquí na comarca de Cangas", informa ​Alberto Martínez, peixeiro.

Nestas circunstancias o pesimismo asoma sobre todo na hostalaría.

"Eles quéixanse que así non hai economía que aguante que non son quen de traballar", fala ​Alberto Martínez, peixeiro.

Noticias web

11/05/2021