CRTVG

Buscar

Cando teño que resintonizar o meu televisor?

Publicado o 10/02/2020 21:51

O Segundo Dividendo Dixital está a chegar, e queremos avisalos con tempo para que o seu televisor non se apague. Este cambio necesario afecta todas as canles da TDT, obriga a resintonizalas se se quere seguir vendo a televisión. E apuren, porque en 58 concellos de Lugo o prazo remata mañá.

Chega o 5G, e as canles do seu televisor cambian de banda. Cando teño que resintonizar o meu aparello? Os prazos varían dependendo de cada zona, e non todas están afectadas. Iranse coñecendo gradualmente, pero poden chamar aos teléfonos habilitados polo goberno: 901201004 ou 910889879. Este martes 11 de febreiro remata o prazo para 58 dos 67 concellos de Lugo. Así que cómpre, se non o fixeron xa, resintonizalos.

E apunten esta data importante: 30 de xuño. Este será o día límite para que todos os televisores estean resintonizados!

E conta; se despois destes prazos non os resintonizaron producirase o apagamento, e as máis das canles do seu televisor desaparecerán.

Como fago a resintonización? Moi sinxelo. Se vive nunha comunidade de veciños, o presidente deberá contratar un antenista que se encargará de adaptar a antena. Non se preocupen, hai axudas económicas que se poderán solicitar ata o 30 de setembro. 

Como fago se vivo nunha vivenda unifamiliar? 

Pois é, se cadra, máis doado. Só hai que resintonizar co mando do seu televisor. Prema Menú, busque Configuración e despois vaia a Resintonizar ou Buscar canles. Levaralle uns minutos e... listo.

Se aínda así lles quedou algunha dúbida, esta páxina do goberno www.televisiondigital.gob.es responderá todas as súas cuestións. Todo para que a televisión siga chegando aos seus fogares. 

 

 

 

 

 

Noticias web

10/02/2020