CRTVG

Buscar

Cando poderemos quitar a máscara no exterior?

Publicado o 13/05/2021 16:10

O avance da vacinación abre a porta á posibilidade de ir sen máscara pola rúa. Unha parte da comunidade científica pensa que poderemos facelo xa no verán, outra considera que sería precipitado. 

Rafael Bengoa, asesor internacional de saúde di que "a final de xuño ou comezos de xullo as autoridades poderán dicir que nos espazos exteriores poderemos estar sen máscaras".

A clave está na vacinación. O virólogo José Antonio López Guerrero cre que o ideal sería acadar o 70 % de inmunidade "pero se conseguimos un 40-50 %, incluída a xente máis vulnerables, ao mellor poderíamos abordar a relaxación dalgúnhas medidas". 

Outros científicos son máis pesimistas e consideran que a máscara será obrigatoria, tamén na rúa, como mínimo ata outono. "Penso que aínda teremos que agardar", asegura o epidemiólgo Daniel López Acuña. 

En Israel, cun 60 por cento da poboación vacinada, camiñan sen máscara.

Noticias web

13/05/2021