Candia: "O lexítimo é que o PP goberne a Deputación e a cidade de Lugo"
Publicado o 07/06/2019 20:54
A presidenta provincial do PP lugués defende que o "lexítimo" e "xusto" é que a súa formación sexa a que goberne a Deputación e o Concello de Lugo. En declaracións aos medios antes de asistir xunto a Alberto Núñez Feijóo á xunta directiva provincial do partido para analizar os resultados das eleccións municipais, Elena Candia dixo que, aínda que lles gustaría ter uns resultados mellores, o PP gañou as eleccións na Deputación e na cidade pero, segundo lamentou, só lles vale a maioría absoluta.