CRTVG

Buscar

Cancélanse oito concertos na Coruña polo incremento dos contaxios e dos casos activos

Publicado o 06/07/2021 15:07

Cos contaxios á alza por noveno día consecutivo, na área sanitaria de A Coruña-Cee seguen aumentando os casos activos. Hoxe son 643 os pacientes contaxiados de covid. 25 precisan atención hospitalaria e deles, dous permanecen na UCI.

Para evitar que a cousa siga indo a máis, os organizadores do Riazor Live decidiron aprazar os concertos que se ían celebrar no estadio coruñés este verán. O de Nicky Jam sería o primeiro de oito concertos con 4.000 persoas de público nun recinto ao aire libre e con todas as medidas sanitarias, pero din os organizadores que, por responsabilidade, hai que evitar riscos.

Sen fixar unha data concreta, dende a organización sinalan que os concertos celebraranse cando a situación sanitaria se estabilice: menos contaxios, menos casos activos e menos risco.


 

Noticias web

06/07/2021