CRTVG

Buscar

Cancelados os voos desta mañá entre Madrid e Galicia

Publicado o 11/01/2021 15:38

Os paneis de información do aeroporto Rosalía de Castro de Santiago avisaban dende primeira hora da cancelación do enlace con Madrid. A maioría dos pasaxeiros viaxaba por traballo e tiveron que buscar unha alternaitva para desprazarse.

A situación repetiuse no aeroporto de Vigo, onde tampouco operou a conexión con Madrid.  Algúns pasaxeiros quéixanse da falta de información por parte das compañías aéreas.

O enlace entre Madrid e A Coruña tampouco puido operar con normalidade esta mañá.

Noticias web

11/01/2021