CRTVG

Buscar

Cancelados os voos desde e cara á Gomera pola repercusión da erupción

Publicado o 20/09/2021 10:20
Cancelados os voos desde e cara á Gomera pola repercusión da erupción

Os catro voos con orixe ou destino A Gomera que a compañía aérea Binter tiña previsto realizar este luns foron cancelados debido á repercusión que sobre eles ten a erupción volcánica que desde o domingo ten lugar na Palma, segundo informou a compañía aérea. Deste xeito, foron cancelados os voos de Gran Canaria á Gomera, da Gomera a Gran Canaria, da Gomera a Gran Canaria e da Gomera a Tenerife.

Estes son os primeiros voos que se cancelan debido á incidencia da erupción volcánica no espazo aéreo.

Noticias web

20/09/2021