CRTVG

Buscar

As Canarias volven pedir proba negativa para viaxar desde a Península

Publicado o 12/04/2021 15:39

As Canarias recúa e volven pedir unha proba diagnóstica negativa para os viaxeiros que cheguen ás illas dende a Península. Xa fora así para a ponte de San Xosé e as vacacións de Semana Santa, que quedara en suspenso logo deses días. O Goberno das illas dá marcha atrás agora e volve poñelo en marcha, polo menos ata que remate o estado de alarma.

Así, os viaxeiros que teñan como destino algunha das illas terán que facer a proba polo menos setenta e dúas horas antes de saír e presentala no aeroporto de destino. Nos voos entre as illas, iso si, non se pedirá proba diagnóstica, aínda que de Tenerife, Gran Canaria e Fuerteventura só se pode entrar ou saír por causa de forza maior.

Noticias web

12/04/2021