CRTVG

Buscar

As Canarias relaxan as condicións de viaxe para aqueles que están vacinados ou superaron a covid

Publicado o 28/05/2021 16:53

Os turistas españois xa vacinados ou que pasaran a covid van ter máis doado viaxar ás Canarias: non terán que facer proba diagnóstica ningunha. Parece que a medida xa se está a notar nas axencias de viaxes. Medidas que axudan a recuperar a confianza en emprender unha viaxe.

A poucas horas de coñecerse, a decisión do Goberno canario traduciuse nun aumento das chamadas e das consultas nas axencias de viaxe. E é que din os seus responsabels que hai ganas de viaxar e que cantos menos requisitos e gastos supoña, máis rápida é a decisión dos seus clientes que, cada día que pasa, senten mais seguiirdade á hora e tomar a decisión de viaxar.

O luns podería entrar en vigor unha medida que non impide aos canarios que residen na Península solicitar unha PCR de balde sen non pasaron a enfermidade ou non foron vacinados.

Noticias web

28/05/2021