CRTVG

Buscar

As Canarias piden unha solución razoable ao uso das máscaras e as Baleares din que non as van impor

Publicado o 31/03/2021 16:05

Dúas comunidades gobernadas polo PSOE advirten que o uso das máscaras cando se toma o sol na praia non ten sentido. As Canarias piden se que busque unha solución razoable, de forma que en espazos abertos se poida prescindir das máscaras para tomar o sol.

A conselleira balear de Saúde acaba de dicir que vai permitir saltar a obriga de poñer as máscaras en praias e piscinas. Di que a máscara só se vai ter que levar nos areais cando haxa reunións de como máximo seis persoas.

Noticias web

31/03/2021