As Canarias esixirán tests negativos aos turistas
Publicado o 27/10/2020 08:19
As Canarias queren asegurarse de que os turistas que reciben están libres do virus. Pretende esixirlles unha PCR ou unha proba de antíxenos negativa, realizada como máximo 72 horas antes, para seren admitidos en hoteis, apartamentos ou vivendas turísticas.
As Canarias teñen a taxa de incidencia máis baixa de España e os dous países que achegan máis turistas, O Reino Unido e Alemaña, retiráronlles a etiqueta de destino con risco de contaxio.