CRTVG

Buscar

Canarias e Baleares non obrigan a levar máscara en exteriores se hai distancia

Publicado o 01/04/2021 15:05

Esta mañá na praia do Postiguet de Alacante, bañistas paseando con máscara, outros con ela colgando da orella e tamén quen fai caso omiso á lei estatal que dende este mércores obriga a levar a boca cuberta en exteriores.

A Comunidade Valencia é, precisamente, unha das autonomías que critica a norma. Pero non é a única. Os Gobernos das Baleares e das Canarias xa anunciaron que non a farán cumprir nas súas illas. Só é obrigatoria cando non se poden manter as distancias ou se está con non conviventes. A conselleira de Saúde de Cataluña cualifica a norma de "incoherencia que ninguén entende", e pide que non se confunda máis á cidadanía.

O propio ministerio recoñece que a lei está obsoleta e que hai que revisala. Farao a semana que vén coas comunidades autónomas, na reunión do Consello Interterritorial.
 

Noticias web

01/04/2021