CRTVG

Buscar

Canarias deixa de aplicar o toque de queda ao non recibir o aval xudicial

Publicado o 10/05/2021 21:08

O Gobierno de Canarias deixará de aplicar a partir desta noite o toque de queda ao non recibir o apoio xudicial á decisión adoptada o xoves pasado de prolongar esta medida excepcional unha vez decaese o estado de alarma en España. Tamén desiste o Executivo canario de aplicar peches perimetrais nas illas que presenten altos índices de contaxios.

Así o avanzou o portavoz do executivo canario Julio Pérez tras a reunión de urxencia do Consello de Goberno celebrada este luns por mor de que o Tribunal Superior de Xustiza de Canarias (TSXC) resolvese este luns que non procede aclarar a súa resolución respecto ás restricións na comunidade autónoma.

Esgrime o alto tribunal canario que os termos xurídicos da súa resolución non ofrecen dúbidas, polo que non permite aplicar o toque de recollida nin o peche perimetral no arquipélago. Desta maneira se pronunciou a Sala do contencioso-administrativo do TSXC despois de que o Gobierno de Canarias lle solicitase que aclarase os termos da resolución emitida onte, na que non avalou parte das medidas solicitadas pola Comunidade Autónoma tras a fin do estado de alarma.