CRTVG

Buscar

Tor, un can de Becerreá, sálvalle a vida ao seu dono

Publicado o 12/04/2020 17:07

Este é o reencontro entre Álvaro, Marta e Tor, os tres protagonistas dunha historia que non acabou en traxedia grazas, precisamente, a Tor, o can de nove anos que nunca se separa de Álvaro, o se dono, de 85, un veciño de Cantiz, en Becerreá que ten demencia e que o venres 3 de abril colleu un sacho e marchou co can da casa pola mañá despois do almorzo.

Daquela chegaron tamén catro membros dos GES de Becerreá para colaborar na busca noctura. Un deles era Marta. Dividíronse en equipos e Marta tirou por un camiño canda o seu compañeiro.

De inmedianto trouxérono de volta á casa e Marta ten a certeza de que Tor salvou a vida do seu dono.

A amizade entre Álvaro e Tor vén dende que o can chegou á casa. Din que mesmo se parecen no carácter: os dous son reservados e moi nobres. A familia lembra con emoción o momento en que Álvaro e Tor volveron á casa.

Unha historia cun final grazas a Tor.

Noticias web

12/04/2020