Gran ambiente no Campionato Europeo de Snipe en Vigo
Publicado o 07/08/2021 14:30
Medio cento de embarcacións compiten esta fin de semana polo gran premio do Sur de Europa Xacobeo de Snipe, unha modalidade de vela máis accesible económicamente e tamén para todas as idades, malia a súa gran complexidade técnica.Unha navegación que é aditiva e que poden practicar diversas xeracións.
Para o Náutico de Vigo nun gran momento logo dos éxitos de Nico Rodríguez e Támara Echegoyen é unha honra organizar este certame europeo logo de ser pioneiros de España en snipe hai 80 anos.
Logo das choivas da noite de onte a xornada preséntase no mar de Vigo con pouca ondaxe e vento favorable.
O campionato en que participan tripulantes de 5 países do Sur de Europa está patrocinado polo Xacobeo 21-22