CRTVG

Buscar

Campionato entre os barrios de Narón para que os veciños adelgacen 100.00 quilos

Publicado o 21/01/2019 14:03

Hoxe un dos temas centrais da Revista vai ser o exceso de peso. Di a Organización Mundial da Saúde que no 2030 o 80% dos homes e o 55% das mulleres terán sobrepeso ou serán obesos. Ademais de presentarlle o tema ao noso médico de cabeceira imos estar en directo en Narón para ver como evoluciona a iniciativa dun médico de facer perder quilos aos veciños

Ter máis ou menos peso non debería ser un problema, pero se superamos os límites recomendados entón si deberiamos empezar a preocuparnos. Senón fíxense nas seguintes cifras. O 80% dos homes e o 55% das mulleres terá sobrepeso ou obesidade no 2030. Son datos da Organización Mundial da Saúde que hoxe poñemos sobre a mesa co noso doutor de cabeceira, Ignacio Balboa.

Os veciños de Narón queren adelgazar 100.000 quilos de peso en dous anos
4.000 veciños participan neste obxectivo de conseguir baixar de peso.A prevención da obesidade é básico para ter un corazón san. O consumo de graxas, o tabaquismo, o alcol e a inactividade física son factores de risco cardiovascular. Estímase que os ingresos hospitalarios se reducirían á metade cunha poboación máis sa. Nove cociñeiros asesoran os colexios do concello para unha cociña máis sa. Recibiron o Premio Europeo de Obesidade

 

Noticias web

21/01/2019