CRTVG

Buscar

Campazzo decanta a Supercopa de baloncesto a prol do Real Madrid

Publicado o 13/09/2020 20:43

Un gran último cuarto de Facundo Campazzo permitiulle ao Real Madrid seguir coa súa serie vitoriosa e quitoulle ao eterno rival, o Barcelona, o primeiro título da temporada, a Supercopa (72-67). 

A igualdade presidiu o partido sen que ningún dos dous equipos conseguise rachalo en ningún intre. Mellor o Real Madrid no primeiro cuarto (18-14) e boa resposta do Barcelona no segundo (31-32) coas defensas impoñéndose. 

Todo quedou para o último cuarto logo da igualdade do terceiro acto (50-49). O Barcelona deu un primeiro tirón (50-56) pero o Real Madrid reaccionou cun gran Facundo Campazzo para igualar o marcador e decidilo nos últimos segundos. O arxentino con 21 puntos foi o mellor do seu equipo. O máximo anotador do encontro foi Mirotic, con 22 tantos. O galego Abalde completou un bo partido (13 puntos).