CRTVG

Buscar

Campaña nas redes en apoio dos posibles candidatos do Partido Popular

Publicado o 09/06/2018 15:11

Será o vindeiro luns, na xunta directiva nacional do PP, cando se fixe o calendario para a celebración do congreso extraordinario que terá que elixir o sucesor de Mariano Rajoy. Os posibles candidatos manteñen silencio pero nas redes empezan a xurdir as primeiras plataformas espontáneas de apoio aos que soan con máis forza.A primeira das opción en sair á luz, en Twitter foi a de apoio a Soraya Sáenz de Santamaría. Co nome "Yo Con Soraya", os que a lanzaron apelan a facer un Partido Popular máis forte e íntegro.Poucas horas despois, outra plataforma lanzaba a candidatura de Cospedal co título "CospedalPresidenta", afirman que "nos momentos máis difíciles estiveches aí e fuches un alento para erguernos e seguir adiante".A terceira plataforma apoia a Alberto Núñez Feijóo, co cancelo "Eu con Feijóo. Feijóo presidente". Esta conta pide o apoio para o presidente da Xunta para que se converta no novo presidente nacional do PP.

Noticias web

09/06/2018