CRTVG

Buscar

Campaña de sensibilización sobre a reciclaxe de medicamentos

Publicado o 04/11/2020 14:24

Con este xesto, ademais de evitar posibles intoxicacións por consumir medicamentos caducados, estamos contribuíndo ao coidado do medio ambiente ao evitar que acaben no lixo convencional ou tirados polo sumidoiro.

En Galicia hai 1.335 puntos SIGRE nas farmacias para depositar envases e medicinas que xa non precisamos ou que caducaron. Malia que cada vez os galegos reciclamos máis, é importante insistir. Por iso a Xunta e SIGRE, a entidade encargada da xestión destes residuos, acaban de poñer en marcha unha campaña de sensibilización baixo o lema "Un paso á fronte polo medio ambiente".

Son os maiores os que adoitan acumular máis medicamentos, e para evitar posibles confusións é especialmente importante que leven á farmacia o que non usen. Medicamentos caducados, envases baleiros, blísteres con ou sen pílulas, frascos e as caixas dos medicamentos é o que debemos depositar nos puntos SIGRE.

Noticias web

04/11/2020