CRTVG

Buscar

Campaña da Policía Local da Coruña para que se respecten os límites de velocidade

Publicado o 07/06/2021 13:52

A velocidade e a inercia poden dar sobresaltos cando se toma unha curva a máis velocidade da permitida. A rectificación da traxectoria tórnase máis complicada canto maior é a velocidade.

A Policía Local da Coruña decidiu publicar nas redes sociais unhas imaxes gravadas polas cámaras de tráfico do túnel de María Pita para amosar do xeito máis gráfico posible as consecuencias que pode supoñer superar o límite de 30 por hora: envorcamentos, invasión do carril contrario, saída de vía.

Non quedou ninguén ferido nos incidentes que se amosaban nas imaxes difundidas, pero ben puido ser o contrario. Deste xeito tan gráfico búscase o maior impacto posible para concienciar os conductores do importante que é para a nosa seguridade circular á velocidade adecuada. Como di a Policía Local no texto que presenta o vídeo: "Unha imaxe vale máis ca mil palabras".

Noticias web

07/06/2021