Cambre amplía a súa galería de arte urbana contra o feísmo
Publicado o 02/08/2021 11:59

Cambre ampliou a súa particular galería de arte con tres novas novas obras. Unha nena de dimensións xigantescas xa alegra co seu baile unha das rúas do municipio. Con ela o muralista barcelonés Slim Safont quixo evocar os momentos de diversión vividos nas casas durante os longos meses de confinamento.
Centos de litros de pintura combaten o feísmo e sacan as cores ás fachadas dos edificios de Cambre no Cromático Mural Fest, que reivindica con talento e creatividade o valor da arte urbana.