CRTVG

Buscar

Cambios no Goberno de Portugal, con varios ministros nas listas ás europeas

Publicado o 18/02/2019 17:40

Cando faltan 8 meses para as eleccións lexislativas, o primeiro ministro portugués, António Costa, remodela o seu Goberno. Faino para incluír varios ministros nas listas ás europeas.

O ministro de Infraestruturas e o da Presidencia serán cabeza de lista dos socialistas portugueses para as eleccións europeas do mes de maio. Aproveitando este cambio de carteiras, António Costa crea tamén un novo Ministerio, o de Planeamento, centrado na xestión de axudas comunitarias. Esta tarde os 3 novos ministros tomarán posesión ante o presidente, Marcelo Rebelo de Sousa.

Esta será a cuarta remodelación de Goberno durante o mandato de Costa, que busca gañar as elecciones lexislativas do vindeiro outubro cunha maioría ampla dabondo como para depender menos dos seus socios da esquerda. O último gran cambio produciuse hai 5 meses, cando renovou catro ministerios: Economía, Cultura, Saúde e Defensa.


 

Noticias web

18/02/2019