CRTVG

Buscar

Cambados e Vilanova de Arousa manteñen o nivel alto de restricións pola covid

Publicado o 06/03/2021 14:58

Cambados, a diferenza doutros concellos do Salnés, quedará no nivel alto de restricións a partir do luns. É dicir, a mobilidade queda reducida e os seus veciños e veciñas só poderán moverse a Vilanova de Arousa, que está nunha situación epidemiolóxica similar.

Por iso, este sábado algunhas persoas de fóra do concello pero pertencentes a esta área, aproveitaban para quedar cos seus achegados dado que a vindeira fin de semana xa non estará permitido.

A hostalaría seguirá atendendo nas terrazas pero as restricións de mobilidade afectaranlles.

Nas farmacias deste municipio a partir do luns iniciarán un cribado masivo ao que están chamados uns 5.000 veciños e veciñas.

É a maneira de frear agora mesmo esa transmisión que tamén preocupa en Vilanova de Arousa. Suma máis dunha trintena de contaxios e ten unha incidencia superior aos 250 casos nos últimos catorce días. Así que a partir do luns, ambos os municipios funcionarán como un só.

Restrinxida a mobilidade salvo causa xustificada e nova revisión dos datos dentro de sete días para ver se a situación mellora.

Noticias web

06/03/2021

Máis sobre Vilanova de Arousa