Camariñas, Malpica e Soutomaior están no nivel medio de restricións
Na provincia da Coruña, algo máis de 10.500 veciños estrean o nivel medio de restricións: Son os habitantes de Camariñas e de Malpica. Nos dous concellos, os contaxios familiares causaron un incremento de casos.
A hostalería volve ser a principal prexudicada. A ocupación máxima nos interiores baixa ao trinta por cento e queda nun cincuenta por cento nas terrazas.
Cunha ducia de casos activos en Malpica, e oito en Camariñas cómpre ser cautos.
O nivel medio de restricións só permite reunións de ata seis non conviventes en espazos pechados e de dez en exteriores. Unhas limitacións coas que conviven dende hai dez días no concello Soutomaior.
A incidencia comeza a mellorar no municipio pontevedrés, que pasou de 17 contaxios
a 9 en só dous días.
Nos centros educativos do concello, que tiveron aulas pechadas, xa volveron a actividade.