CRTVG

Buscar

Camariñas e Zas súmanse á área restrinxida de Vimianzo

Publicado o 12/12/2020 14:56

A ponte do río Grande en Baio levaba semanas sendo unha fronteira teoricamente infranqueable para todo aquel que non tivese unha causa xustificada para cruzala. Por iso, hoxe hai quen celebra especialmente a recuperación da veciñanza natural que sempre houbo entre a banda de Vimianzo e a de Zas.

Iván celebra poder ir tomar o café ao seu bar de sempre en Baio, pero terá que ser antes das cinco porque a medida que suprime a eliminación de fronteiras con Vimianzo supón ao mesmo tempo unha equiparación nas restricións co concello veciño, algo que se nota sobre todo na hostalería. Os locais terán que reducir a ocupación no interior ao 30 por cento e nas terrazas ao 50. Nun bar que en teoría ten capacidade para case 50 persoas agora poderán entrar como moito 15 a un tempo. E non poderán estar máis de catro xuntas no mesmo grupo.

Zas non é o único concello que se suma desde hoxe á área restrinxida de Vimianzo. O comité clínico que fai o seguimento da incidencia da covid-19 decidiu incluír tamén a Camariñas, vista a evolución do número de casos neste concello, que pasou de 5 a 17 nunha semana.

Noticias web

12/12/2020