CRTVG

Buscar

Camariñas e Malpica pasan ao nivel medio de restricións polo coronavirus

Publicado o 19/06/2021 14:23

En Camariñas cren que a situación está baixo control e que a incidencia baixará nos próximos días.
Mentres tanto, a hostalería volve ser a principal prexudicada. A ocupación máxima nos interiores baixa ao trinta por cento e queda nun cincuenta por cento nas terrazas. Os oito casos activos que son un toque de atención. Cómpre ser cautos.

O nivel medio de restricións só permite reunións de ata seis non conviventes en espazos pechados e de dez en exteriores. Na provincia da Coruña só está na mesma situación que Camariñas a vila de Malpica, con tres gromos familiares e unha ducia de casos activos.

Noticias web

19/06/2021