CRTVG

Buscar

Calvo rexeita o "órdago impositivo" de Podemos

Publicado o 21/08/2019 18:58

O PSOE ponlle voz ao comunicado co que este martes rexeitaba a proposta de Podemos. A vicepresidenta en funcións di que a fórmula é a mesma que o propio Pablo Iglesias rexeitou en xullo e que, desde entón o tempo non pasou en balde. Carmen Calvo asegura que os socialistas non necesitan comisaios que os vixilen para que non se escoren á dereita.

Carmen Calvo, vicepresidenta do Goberno en funcións, cre que "é un órdago impositivo, é unha posición absolutamente a branco e negro. Son, literalmente, a imposición dun grupo ao que triplicamos os escanos sobre os criterios do programa electoral que gañou as eleccións"

Unidas Podemos evita o corpo a corpo e ve inutil que Sánchez intente usar as súas confluencias para presionalos.

Pablo Echenique, secretario de Acción de Goberno de Unidas Podemos, asegura que  "a cohesión do grupo confederal é absoluta. Esperamos que o PSOE acabe rectificando porque non ten ningún sentido volver levar o noso país a unha repetición electoral"


O PP sospeita que Sánchez xa está en clave preelectoral.

Pablo Casado, presidente do PP, cre que "o Partido Socialista dalle un portazo a Podemos simplemente por estratexia electoral. E o que lle pedimos é que diga xa se o que quere é ir a eleccións e nos aforre este mes que queda ata o 23 de setembro"

Casado e Iglesias coinciden nun mesmo reproche a Sánchez: que negue para o goberno de España unha fórmula, a da coalición, que sí acepta en 6 comunidades.

Noticias web

21/08/2019