CRTVG

Buscar

Calviño desvincula o aumento do paro á suba do salario mínimo interprofesional

Publicado o 05/02/2019 15:13

Hoxe resoan os ecos dos datos do paro. A ministra de Economía desvincula que medrase o desemprego coa suba do salario mínimo interprofesional.

Xaneiro foi o primeiro mes co Salario Mínimo de 900 euros, tras a suba do 22,3 por cento aprobada por decreto lei polo Goberno. Este incremento coincide coa maior destrucción de emprego rexistrada dende o ano 2013, o que reforzaría a teoría de varias entidades nacionales e internacionales. Moody's, a AIRef e o Banco de España alertaron dos efectos negativos desta medida na contratación.

O Partido Popular tamén ve correlación entre a suba do salario e os datos de xaneiro, que cualifican de castróficos. Pero dende o Goberno rexeitan esta análise, din que xaneiro é un mes malo para a contratación, e atribúen o aumento do paro á estacionalidade da economía española.

Noticias web

05/02/2019