CRTVG

Buscar

Calor abafante no sur da provincia de Lugo

Publicado o 30/07/2020 21:51

En todos os concellos do sur de Lugo, e especialmente no de Bóveda, a calor foi abafante ao longo de toda a xornada e especialmente nas primeiras horas da tarde. A situación foi de alerta amarela en toda a zona e nalgúns puntos do val de Lemos chegouse incluso aos 39 graos.

Con tanta calor, os veciños optaron por quedar na casa e sairon só en caso de necesidade ou para realizar compras puntuais. En calquera caso, a calor intensa é algo moi habitual aquí nesta época do ano.

Tanta calor pode acabar por provocar treboadas e, de feito, o ceo cara ao leste xa aparecía cuberto de nubes escuras. Agárdase que no sur de Lugo a calor dea unha tregua durante a noite e para mañá espéranse temperaturas algo máis baixas, pero aínda bastante elevadas.

Noticias web

30/07/2020