CRTVG

Buscar

Cales son os síntomas que alertan da trombose asociada a AstraZeneca?

Publicado o 08/04/2021 12:28
Cales son os síntomas que alertan da trombose asociada a AstraZeneca?

Cefaleas ou dores de cabeza, visión borrosa, vómitos ou dificultade para respirar son algúns dos síntomas que poden alertar aos profesionais sanitarios dunha posible trombose de seos venosos cerebrais, unha circunstancia que levou a limitar a vacinación con AstraZeneca ás persoas de entre 60 e 65 anos.

Estes son algúns dos síntomas que alertarían do desenvolvemento dunha trombose en persoas que foron vacinadas con este fármaco, segundo a Axencia Europea de Medicamentos e a Federación de Asociacións Científico Médicas Española, e que poden aparecer ata 14 días despois da vacinación.

A trombose de seos venosos cerebrais é unha enfermidade cerebrovascular pouco frecuente que afecta máis a mulleres novas e que, tratada a tempo, ten un prognóstico moito máis favorable que outras patoloxías similares.

Estes casos representan menos dun 0,5 % dos casos totais das enfermidades cerebrovasculares que se producen en España, e a súa incidencia sitúase entre 1 e 1,3 casos por 100.000 habitantes ao ano, explican os neurólogos, segundo explicou a Sociedade Española de Neuroloxía.

Estes son os síntomas que poden alertar dunha trombose, segundo as fontes citadas:

- Dificultade respiratoria

- Dor de peito

- Hinchazón na perna

- Dor abdominal persistente

- Cefaleas ou dores de cabeza

- Visión borrosa

- Manchas de sangue debaixo da pel máis aló do sitio da inxección.

- Vómitos

- Crise epilépticas

- Alteración do comportamento

- Perda de forza ou sensibilidade

- Baixo nivel de consciencia.