Cales son as datas e prazos para a formación do goberno?
Publicado o 13/07/2020 09:43
O Parlamento de Galicia ten que estar constituído no prazo dun mes desde a celebración das eleccións. E dicir: a data límite será o 12 de agosto.
A partir de aí, en cinco dias hai que rexistrar os grupos políticos, algo que nesta lexislatura vai ser moi sinxelo, porque só vai haber tres, e en dez días formaranse as comisións.
No prazo máximo de 30 días desde a constitución do Parlamento, o presidente da cámara terá que facer unha proposta de candidato á investidura. Esta é outra cuestión que tamén resultará sinxela, dada a maioría absoluta do Partido Popular.
Así pois, na primeira metade de setembro a Xunta de Galicia terá de novo presidente e a partir desas datas dará a coñecer o seu novo goberno.