CRTVG

Buscar

Calendario electoral das eleccións xerais: a campaña coincide coa Semana Santa

Publicado o 16/02/2019 11:14

En menos dun mes, o próximo 5 de marzo, publicarase no BOE o decreto de disolución das Cortes. Entre o 12 e o 26 de abril celebrarase a campaña electoral das xerais, marcada polo feito de coincidir con toda a Semana Santa. O 28 dese mes celebraranse os comicios, e menos de dúas semanas despois, o 10 de maio, comezará a outra campaña, a das municipais, autonómicas e europeas, que rematará o día 24 para que votemos o domingo 26.

Andalucía, Cataluña, Euskadi e Galicia son as únicas comunidades en que non haberá eleccións autonómicas nesa data. Un dos aspectos máis comentados estes días é o do gasto e o posible aforro que suporía facer coincidir as distintas citas coas urnas. Nas eleccións xerais de 2016, entre PSOE, Podemos, Ciudadanos e PP gastaron na campaña 20 millóns de euros.

Calendario electoral 2019

5 marzo: disolución das Cortes
12-26 de abril: campaña electoral
28 abril: eleccións xerais

10-24 maio: campaña electoral
26 maio: eleccións municipais, autonómicas e europeas

Noticias web

16/02/2019