CRTVG

Buscar

Calcinada unha vivenda en Erosa, A Gudiña, tras reactivarse un incendio forestal esta medianoite

Publicado o 24/03/2021 12:39
Calcinada unha vivenda en Erosa, A Gudiña, tras reactivarse un incendio forestal esta medianoite

Unha vivenda deshabitada quedou totalmente calcinada despois de reavivarse un lume forestal na localidade da Erosa, no concello ourensán da Gudiña.

A casa ardeu por completo. Os donos están fora e so a empregan nos meses de verán. Foi por mor dun lume forestal que se declaraba onte a tarde na zona e que case chegou a afectar a circulación da autovía A-52. Controlárono pero chegada a noite tiveron que volver actuar porque as lapas volveron a coller virulencia.

Foi un dos varios focos que estiveron activos onte na provincia de Ourense. Outro localizouse na zona da Xironda, en Cualedro, este propagouse dende Portugal, que xa está sufrindo varios incendios de importancia estes días. Para controlalo estiveron presentes varios medios de extinción por terra e por aire. A superficie queimada non chegou ás 5 hectáreas.

Noticias web

24/03/2021