Cal é a rúa máis barata e a máis cara para o alugueiro das cidades galegas?
As diferenzas entre o prezo dos alugueiros entre cidades e entre rúas das mesmas cidades pode chegar ata os 2.000 euros! Imos facérllela comparativa. Estamos en Santiago, onde unha compañía especializada sitúa a rúa máis cara de Galicia para alugar unha vivenda. Xeneral Pardiñas, onde o metro cadradro pode os 3.500 euros por metro cadrado.
Pola contra, a zona máis barata para alugar piso en Galicia é en Ourense, concretamente na rúa Santa Teresita. Aquí págase a razón de tres euros por metro cadrado. Deste xeito, alugar un piso nesta zona de 110 metros cadrados, por exemplo, non chegaría aos 300 euros ao mes, o mesmo que se pagaría nun barrio da Coruña, no Mesoiro, por exemplo, pero por un piso da metade de superficie.
Son datos que se desprenden do último informe de alugueiro que cada ano elabora TecniTasa (Técnicos en Taxación). Nel seguen a reflectirse as enormes diferenzas que existen á hora de pagar un alugueiro dependendo da zona e da provincia.