Caixas de correo especiais para os Reis Magos
Apenas quedan dous días para unha das noites máis máxicas do ano e nas oficinas de Correos o traballa duplícase estes días. E non é para menos. Xunto ás caixas de correo tradicionais conviven durante as festas de Nadal unhas especiais, as que recollen as cartas dirixidas ás súas maxestades os Reis Magos de Oriente.
Son os emisarios dos Reis Magos e deles depende que as cartas cheguen ao seu destino en Oriente. En toda Galicia instaláronse este Nadal nas oficinas 40 caixas de correos especiais, pero os cativos poden botar as súas cartas en calquera das situadas na rúa.
A estas caixas de correos especiais chegan os cativos con moita ilusión, e coa esperanza de veren cumpridos os seus desexos. Todas as cartas que se botan nestas caixas de correos viaxan cheas de maxia ata Oriente. Se aínda non escribiron a súa, apuren, porque o 5 é o último día que se recollen. Así que deanse présa, que os Reis Magos case veñen de camiño.