CaixaBank e sindicatos pactan o maior ere da banca española: 6.452 empregados

EFE
A dirección e os sindicatos de CaixaBank chegaron a un acordo sobre o expediente de regulación de emprego (ERE) derivado da fusión con Bankia, o maior da historia da banca española, que rematará con 6.452 extincións de contratos en España, 1.839 menos que as previstas inicialmente.
Tras un maratón negociador que arrincou o martes, o último día do período de consultas do ERE, a dirección do banco e os sindicatos prolongaron a negociación ata lograr esta tarde un pacto que evita despedimentos forzosos e contempla prexubilacións a partir dos 52 anos.
Os contactos entrambas as partes comezaron a mediados de abril coa presentación dun ere que afectaba 8.291 persoas, e finalmente as extincións de contratos rebaixáronse a un total de 6.452, aínda que o pacto contempla tamén 570 recolocacións directas en empresas do grupo e 138 vacantes en filiais que se ofrecerán a todo o persoal.