CRTVG

Buscar

Estraño ritual nun barrio de Lugo, onde aparecen unha caixa e un pano con sangue e candeas

Publicado o 25/04/2021 20:21

O veciño que atopou o macabro escenario non quixo falar a cámara, pero contounos como o venres á noite atopou unha caixa con sangue e, sen darlle importancia, botouna ao colector do lixo.

Este mesmo veciño, o sábado pola mañá, cando foi pasear pola beira do río, atopou o resto dos compoñentes do escenario do que parece un ritual, no que había coroas de flores, candeas, ovos e un pano manchado con sangue. Daquela, outro residente do barrio de Castro Gil comentoulle a este veciño que o día anterior observara como unha parella de orixe romanesea se desfacía dunha caixa de cartón ensanguentada pousándoa na beira do río.

Entón os dous homes acordaron chamar a Policía Nacional. Presentáronse catro patrullas e recolleron mostras, sobre todo as de sangue para dilucidar se pertencía a unha persoa ou a un animal. O río foi arrastrando os resto dos materiais empregados no que parece un ritual que a policía continúa investigando.

Noticias web

25/04/2021